Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 17 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o expediente de solicitude de ampliación do perímetro de explotación da concesión Monte Agriño II número 6976.1, situada na parroquia de Tállara no concello de Lousame.

A dita ampliación foi solicitada pola sociedade Canteras Prebetong, S.L.U., titular na data da solicitude do dereito mineiro, que foi transmitido ao titular actual Prebetong Áridos, S.L.U.

Todas as persoas que se consideren afectadas por esta ampliación do perímetro de explotación dentro da concesión de explotación Monte Agriño II núm. 6976.1 poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa de Vicente Ferrer núm. 2, A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso, terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 17 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña