Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada realizada por Poliuretanos, S.A. para a planta de fabricación de espuma de poliuretano que se localiza en Tui, provincia de Pontevedra (clave 2014-IPPC-I-88).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o seguinte documento:

Documentación para a solicitude de autorización ambiental integrada de Poliuretanos, S.A. en Tui (Pontevedra). Abril 2015, co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, na Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >> prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambienta

ANEXO I
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-88.

Peticionario: Poliuretanos, S.A. (A-17014002).

Domicilio social: estrada Comarcal C-65 km 16; Pol. Industrial El Trust-Cassà de la Selva (Girona).

Localización da instalación: Albelos, nº 2, Guillarei (Tui, Pontevedra).

Actividade: fabricación de espuma ríxida de poliuretano para illamento térmico.

Descrición do proceso produtivo: os compoñentes principais do poliuretano (isocianato e poliol MDI) bombéanse desde os depósitos en que están almacenados ata a zona de moldeo, onde se acondicionan en pequenos depósitos (presión atmosférica e 20º C). Desde estes dosifícanse (peso) a un depósito con axitación en que engaden catalizadores e pásanse ao molde no cal finalmente terá lugar a formación da espuma, ao reaccionar co axente espumante (ciclopentano). O bloque de espuma que se obtén pasa posteriormente á zona de corte e embalaxe.

Augas residuais: a instalación xera dous tipos, as procedentes dos servizos hixiénicos e as procedentes de escorrega e cubertas. Son vertidas á rede de saneamento municipal, de tipo unitario.