Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2015 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución das obras públicas hidráulicas que se citan non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216.

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto dos contratos: obra.

a) Descrición: mellora da captación de auga en Vilamartín de Valdeorras. Vilamartín de Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

Número de expediente: OH.232.772.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 235, do 9 de decembro de 2014.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 177.029,32 euros. Importe total: 214.205,48 euros.

Data de adxudicación: 5 de maio de 2015.

Importe de adxudicación. Importe neto: 131.001,70 euros. Importe total: 158.512,06 euros.

Data de formalización do contrato: 22 de maio de 2015.

Contratista: Gecoga Construcciones y Proyectos, S.L.

b) Descrición: actuacións complementarias na rede de saneamento de Curtis. Curtis (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1042.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9 e 45233322-1.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 179, do 19 de setembro de 2014.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 228.210,15 euros. Importe total: 276.134,28 euros.

Data de adxudicación: 17 de abril de 2015.

Importe de adxudicación. Importe neto: 189.756,74 euros. Importe total: 229.605,66 euros.

Data de formalización do contrato: 27 de abril de 2015.

Contratista: Servitec Medioambiente, S.L.

c) Descrición: melloras no sistema de saneamento e depuración no concello de Neda. Neda (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.999.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 235, do 9 de decembro de 2014.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 446.326,38 euros. Importe total: 540.054,92 euros.

Data de adxudicación: 29 de abril de 2015.

Importe de adxudicación. Importe neto: 322.113,75 euros. Importe total: 389.757,64 euros.

Data de formalización do contrato: 19 de maio de 2015.

Contratista: Construcciones Boalva, S.L.

d) Descrición: rede separativa no Sardiñeiro. Fisterra (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1024.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232440-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 206, do 28 de outubro de 2014.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 174.091,67 euros. Importe total: 210.650,92 euros.

Data de adxudicación: 16 de abril de 2015.

Importe de adxudicación. Importe neto: 142.633,31 euros. Importe total: 172.586,31 euros.

Data de formalización do contrato: 27 de abril de 2015.

Contratista: Servitec Medioambiente, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 Medio Ambiente, Contorno Natural, Recursos Hídricos e Prevención de Riscos. Unha maneira de facer Europa.

En concreto, a obra indicada coa letra a) encádrase no tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución da auga potable. Actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de auga potable, redes de distribución e sistemas de automatización e control, as indicadas coas letras b) e c) encádranse no tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.2: mellora, ampliación e optimización das redes de colectores de saneamento e pluviais existentes, así como de emisario e a indicada coa letra d) dentro da actuación 3.46.3: construción de novas redes de colectores (saneamento e pluviais) e emisarios.

4. Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2015

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia