Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22402

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 2691/13).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2691/2013 desta sección, seguido por instancia de Óscar González Nóvoa, Pedro Moreno González contra Fogasa, Michel Thierry Unit Components Iberica, S.L. (Universal Textil de Galicia, S.L.), Michel Thierry Unit Components, S.L. Unipersoal, Johnson Controls Automotive Spain, S.A. sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Resolución:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por Óscar González Nóvoa, Pedro Moreno González e Jesús Bouzón Domínguez contra a Sentenza do 22 de abril de 2013 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, ditada no xuízo seguido por instancia da recorrente contra as entidades mercantís Universal Textil de Galicia, Sociedade Limitada, Johnson Control Automotive Spain, Sociedade Anónima, Michel Thierry Unit Components Ibérica, Sociedad Limitada, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, a sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza. Seguen as sinaturas e a publicación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Universal Textil de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de maio de 2015

A secretaria xudicial