Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22502

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2015 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio desta resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2015

Por suplencia
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

Anexo

Convenio

Importe económico

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria para o ano 2015.

1.398.860,00 €

13.3.2015