Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22423

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (776/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 776/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Octavio da Silva Martins contra Construcciones Rafra, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou sentenza número 172 cuxos encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos número 776/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre despedimento, reclamación de cantidade e acción declarativa, por instancia de Octavio da Silva Martins, asistido e representado polo avogado Laureano M. Barreiro Pereira contra Construcciones Rafra, S.L., que non comparece, Fogasa, que non comparece, ditou esta sentenza.

(…)

Resolvo:

Apreciando una indebida acumulación de accións, tense por efectuada a opción pola acción de despedimento e cantidade; a parte demandante poderá exercer a acción declarativa de antigüidade, categoría e horario por separado.

Declaro caducada a acción de impugnación do despedimento producido con efectos do 28 de febreiro de 2013.

Estimo a acción de cantidade e, en consecuencia, condeno empresa Construcciones Rafra, S.L. a que aboe ao demandante 19.351,85 euros.

Condeno o Fogasa a aterse a esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro LRXS.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Rafra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2015

A secretaria xudicial