Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración para a adquisición de diverso equipamento electromédico con destino a quirófanos de urxencias do Hospital Universitario da Coruña, cofinanciada nun 80 % pola Unión Europea no marco do programa operativo de Galicia Feder 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76 (AB-SER2-14-004) (5 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER2-14-004.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: equipamento electromédico.

c) Lotes: cinco lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

DOG núm. 190, do 6 de outubro de 2014.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento sen IVE: 190.727,27 €.

Orzamento con IVE: 209.800,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 27 de abril de 2015.

Lote 2: 27 de abril de 2015.

Lote 3: 4 de maio de 2015.

Lote 4: 27 de abril de 2015.

Lote 5: 27 de abril de 2015.

b) Data de formalización do contrato e contratista:

Lote 1: 4 de maio de 2015, Esaote España, S.A.

Lote 2: 5 de maio de 2015, Steris Iberia, S.A.

Lote 3: 12 de maio de 2015, Linvatec Spain, S.L.

Lote 4: 12 de maio de 2015, Stryker Iberia, S.A.

Lote 5: 4 de maio de 2015, Ire Rayos X, S.A.

c) Importe de adxudicación:

Orzamento sen IVE: 157.914,63 €.

Orzamento con IVE: 191.076,70 €.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos