Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: CD Tivo e soterramento LMT CD TIV805-TIV806.
Situación: Caldas de Reis.
Características técnicas:
– LMT aérea a 20 kV:
1. 40 metros con condutor LA-110; orixe: apoio proxectado C-9000-14, entroncando coas LMTA Tivo805-Portas e Tivo806-Clesa Rubiáns; final: apoio existente HV-A-AL-2 (1600/10) CA II.
2. 19 metros con condutor LA-30; orixe: apoio proxectado C-4500-12 na TIV805-Portas, na saída da subestación Tivo; final: apoio existente H-A-AL-1B710-CA I.
– LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ:
1. 410 metros, orixe: arqueta proxectada na saída da subestación Tivo; final: apoio proxectado C-9000-14.
2. 18 metros; orixe: CD proxectado; final: apoio proxectado C-4500-12.
Centro de seccionamento, con celas compactas prefabricadas, con corte en SF6, situado na parcela da subestación de Tivo, Caldas de Reis.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 12 de maio de 2015
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra