De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59 sen que esta se poidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Unidade de Consumo de Vigo, con enderezo na praza da Estrela, s/n, 7º andar, Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Vigo, 22 de maio de 2015
Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumode Pontevedra
ANEXO
Citación: referencia 36R002/C-MLAA-4/2015 (expediente número 36R002/3917/2013).
Interesado: Juan Ureña Gay (Eurotour Galicia Promociones y Publicidad, S.L.).
NIF: 50276464M.
Acto notificado: citación.