Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22214

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2713/2013).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 2713/2013 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, empresa Carlos Mourente Blanco, Mutua Fremap e Ben Atia Maouroudi, sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Que, estimando o recurso de suplicación presentado polo Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza do 21 de febreiro de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, en autos número 1034/2008, revogámola e, desestimando a demanda interposta pola mutua Fremap, absolvemos o INSS das pretensións da demanda.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que conste, para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en legal forma a Ben Atia Maouroudi, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de maio de 2015

A secretaria xudicial