Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22138

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión, para o ano 2015, á Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa).

1. Encomenda de xestión dos traballos para o tratamento de lixiviados no vertedoiro de residuos non perigosos de Campo Gaiosa.

– Actividade: tratamento dos lixiviados xerados no vaso de vertedura e almacenados nas balsas, principal e de emerxencia, da instalación de Campo Gaiosa, mediante o seu bombeo/carga, transporte e entrega a xestor autorizado.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsa a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o 14 de maio de 2015 e terá unha duración máxima de 3 meses.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas