Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 5 de xuño de 2015 Páx. 22015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2015 pola que se anuncia a licitación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria do contrato, da obra da infraestrutura anexa ao novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE 112 Galicia), destinado ao albergue e mantemento do equipamento operativo mobilizado para o apoio na xestión de emerxencias, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53, actuación 15, prevención de riscos e equipamento de emerxencias nos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: rúa Roma, nº 25-27, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 72 57.

5º. Fax: 981 54 60 28.

6º. Correo electrónico: mh.barrio.blanco@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22790

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web: http://www.axega112.org

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o 22 de xuño de 2015 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AXGE.15.OB.038.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: execución da infraestrutura anexa ao novo CIAE112 Galicia destinada a albergar diferentes tipos de equipamento operativo da Axega para o apoio na xestión das emerxencias e loita contra a contaminación do ambiente, que mobilizará o CIAE 112 Galicia.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo máximo de execución: tres (3) meses desde a formalización do contrato

e) Nomenclatura: CPA: 41.00.20 CPV: 452133151-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: adxudicación baseada en criterios avaliables mediante xuízos de valor e criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas. A pluralidade dos criterios de avaliación enuméranse e detállanse coas puntuacións e ponderación no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 231.404,95 €, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación: 280.000,00 €, IVE incluído.

6. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica y financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 16 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 17 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación das ofertas: ata as 14.00 horas do día 22 de xuño de 2015.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas e deberá figurar no exterior dos sobres o CIF del licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas achegarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: rúa Roma, nº 25-27, 1º andar, polígono das Fontiñas.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no número 1.c) deste anuncio.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa su oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e avaliación separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non avaliables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha avaliación mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Entidade e lugar: Axencia Galega de Emerxencias. Sala de xuntas.

c) Enderezo: rúa Roma, nº 25-27, 3º andar, polígono das Fontiñas.

d) Localidade: Santiago de Compostela.

e) Data: a apertura dos sobre B e C terán lugar en acto público, e a data e hora comunicaranse coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións.

a) Admítense melloras conforme o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén se poderán presentar por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación mediante telegrama ou fax, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, xunto coa tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e avaliación das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa avaliación realizarase con anterioridade á apertura e avaliación do contido do sobre C.

No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2015

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias