Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 5 de xuño de 2015 Páx. 21882

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 79/2015, do 4 de xuño, polo que se nomea directora do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio a Inés Santé Riveira.

En virtude do establecido no artigo 24 dos estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, aprobados polo Decreto 244/2011, do 29 de decembro, e nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de xuño de dous mil quince,

Nomeo directora do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio a Inés Santé Riveira.

Santiago de Compostela, catro de xuño de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas