Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 5 de xuño de 2015 Páx. 22022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2015 pola que se anuncia o concurso para a venda de parcelas de solo empresarial deste instituto na Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: contrato administrativo especial para a venda por concurso de parcelas de solo empresarial propiedade do IGVS que figuran no anexo IV do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: un único criterio.

4. Prezo das parcelas.

O prezo fixado, excluído o IVE, que como mínimo terán que propoñer os interesados na compravenda para cada parcela é o determinado na relación que figura no anexo IV do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantías.

Provisional: 2 % do importe de saída da parcela a que se opte.

6. Requisitos específicos do contratista.

A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica ou profesional serán as establecidas nas cláusulas 5.2.1 e 5.2.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación.

O prego de cláusulas administrativas particulares que rexe este contrato poderá obterse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22780 . Tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/329 .

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no Rexistro Xeral da sede central do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), ata o cuadraxésimo quinto (45) día natural contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir o último día para a presentación das ofertas en sábado, poderanse presentar no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edifico Administrativo San Caetano, s/n) e deberán comunicar ao órgano de contratación a presentación no Rexistro Xeral mediante telegrama ou burofax no mesmo día.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama, fax ou burofax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (Proposición económica) terá lugar na sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, á hora e na data que serán anunciadas, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio.

O importe do anuncio será por conta dos adxudicatarios rateado proporcionalmente.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2015

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo