Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21821

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (554/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 554/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Pérez Barcia contra Ariel Villaverde Gestión y Digitalización, S.L., sobre ordinario, ditouse a sentenza de data 14.4.2015 en cuxa parte dispositiva se acorda:

Que estimo a demanda interposta por Julio Pérez Barcia fronte á empresa Ariel Villaverde Gestión y Digitalización, S.L., e condeno a demandada a que lle aboe a aquela a seguinte cantidade: 1.747,45 euros, máis 10 % xuro por mora ex artigo 29.3 do ET, no que se refire ás cantidades de natureza salarial.

Contra a presente resolución non cabe interpor recurso ningún (artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ariel Villaverde Gestión y Digitalización, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 14 de maio de 2015

A secretaria xudicial