Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2015/126-1).

Número de expediente: IN407A 2015/126-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: RMTS na avenida de Bértoa, nº 1 (P.S. Vázquez de Parga).

Concello: Carballo.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 2×0,004 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS CBL-703A (expediente 27.174), condutor tipo RHZ1 -12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final na mesma liña unha vez que entre e saia do centro de seccionamento, que instalará o cliente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro de 2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 12 de maio de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña