Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21719

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (686/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 686/2012 por instancia de Juan Vicente Montero Naveira contra a empresa Sidecu Gestión, S.A., sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza con data do 12 de maio de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Desestimo a demanda interposta por Juan Vicente Montero Naveira contra Sidecu Gestión, S.A. e absolvo a demandada das pretensións exercidas contra ela.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía reclamada.

Así o acorda, manda e asina María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Sidecu Gestión, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de maio de 2015

A secretaria xudicial