Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21757

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2015 pola que se fai pública a declaración de deserto do concurso público para a contratación do servizo de cátering no Centro de Emerxencia para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero.

Mediante Resolución do 12 de maio de 2015, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG nº 74, do 21 de abril de 2015, para a contratación do servizo de cátering no Centro de Emerxencia para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero, dependente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, ao non presentarse ningunha oferta.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da notificación desta resolución ou, potestativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta resolución.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 151.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Para máis información, consúltese a páxina web www.igualdadebenestar.org , epígrafe perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2015

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar