Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21694

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

Advertidos erros na referida orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 48, do 11 de marzo, cómpre facer as seguintes correccións:

1. Na páxina 9847, no artigo 2, número 1, alínea c), onde di: «Un pagamento suplementario para os novos agricultores que comecen a súa actividade agrícola», debe dicir: «Un pagamento suplementario para os agricultores mozos que comecen a súa actividade agrícola».

2. Na páxina 9890, no artigo 90, número 1, onde di: «b) As superficies de usos en común», debe dicir: «a) As superficies de uso en común» e onde di: «c) As superficies de interese ecolóxico indicadas no artigo 24.2 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro», debe dicir: «b) As superficies de interese ecolóxico indicadas no artigo 24.2 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro».

3. Na páxina 9898, no anexo I, letra B, número 4, onde di: «Pagamento suplementario para os novos agricultores que comecen a súa actividade agrícola», debe dicir: «Pagamento suplementario para os agricultores mozos que comecen a súa actividade agrícola».

4. Na páxina 9902, na relación do anexo III de zonas de concentración parcelaria nas cales se admiten referencias identificativas correspondentes a planos de concentración debe engadirse a seguinte zona:

Provincia

Concello

Código zona

Nome da zona

15

A Coruña

26

Cesuras

4

Filgueira de Barranca-Trasanquelos