Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Baralla (expediente IN407A 2015/27-2, 8221 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Carronza, S.L.

Domicilio social: avenida Américas, 55, entresollado, Lugo.

Denominación: LMTA e CT a un centro de biomasa e produción de pelets.

Situación: A Mocha (Baralla).

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe nun apoio existente pertencente á liña CRG 806 (derivación ao CT 27PA10 e ao CT 27PN37) e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 260 metros en condutor LA-56.

2. Centro de transformación nun edificio prefabricado tipo PFU 4, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, cunha potencia inicial de 630 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 26 de maio de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo