Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadavia (expediente IN407A 2015/26-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: recuamento LMT CAS804-CT Muñoz Calero.

Situación: Ribadavia.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 40 m con condutor RHZ1 12/20 kV-3 × 240 Al e con orixe na LMTS ao CT Muñoz Calero e remate na cela de liña do CT Muñoz Calero (32CJF8).

Orzamento: 8.564,97 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 11 de maio de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense