Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Baños de Molgas (expediente IN407A 2015/24-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento LMT, CT, Bouzas.

Situación: Bouzas.

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV de 34 m con condutor LA 56/54,6 mm2 e con orixe na LMT ao CT Bouzas (expediente 1998/135) e remate no CT proxectado intemperie Bouzas de 50 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 17.299,58 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 6 de maio de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourenses