Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21633

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de información pública sobre almacén de bebidas e conservas.

Rudesindo Cerredelo Alonso solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a actividade de almacén de bebidas e conservas sito na avenida de Ourense, nº 60, baixo, da vila de Xinzo de Limia. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as observacións que xulguen oportunas.

Xinzo de Limia , 26 de maio de 2015

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde