Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21631

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no núcleo do Outeiro-A Igrexa-Pontellas, no ámbito do cemiterio de Pontellas.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria do 5 de maio de 2015, aprobou inicialmente a modificación do Plan xeral de ordenación municipal no núcleo de Outeiro-Igrexa- na parroquia de Pontellas do concello do Porriño, acordo que ten o seguinte contido literal:

«1º. Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM no núcleo do Outeiro-A Igrexa-Pontellas, no ámbito do cemiterio de Pontellas.

2º. Someter o expediente a información pública por un prazo de dous meses mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, en dous dos xornais de maior difusión da provincia e no taboleiro de edictos do concello.

3º. Dar audiencia aos concellos limítrofes por un prazo de dez días habiles para os efectos da presentación das alegacións que xulguen convenientes.

4º. Suspender o outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e derrubamento nos ámbitos da modificacion puntual que poidan ser incompatibles coa ordenación urbanística obxecto de aprobación».

O que se fai público para xeral coñecemento, para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que xulguen convenientes, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente, polo que se somete o expediente a información pública por un prazo de dous meses mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos e páxina web do concello para os efectos de que os interesados presenten as reclamacións e suxestións que xulguen convenientes.

O Porriño, 11 de maio de 2015

José Nelson Santos Argibay
Alcalde