Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21573

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Traballo e Benestar durante o primeiro cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2015

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

ANEXO
Convenios asinados no primeiro cuadrimestre de 2015

Título

Obxecto

Data
de sinatura

Importe (€)

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Traballo e Benestar e o Ministerio Fiscal para a implantación dun programa piloto de mediación familiar intraxudicial en Lugo.

Dar continuidade, mediante prórroga para 2015, ao convenio de colaboración subscrito entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Traballo e Benestar e o Ministerio Fiscal.

1.1.2015

Sen contido económico

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas (2014-2015).

Colaboración na realización de prácticas académicas externas do alumnado da Universidade de Vigo, para facilitar a preparación para o exercicio profesional nas áreas operativas da empresa relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais desde os estudos cursados na dita Universidade.

Promoverase o futuro desenvolvemento profesional e o acceso ao mercado laboral das futuras persoas tituladas universitarias.

8.1.2015

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) para o apoio ás familias numerosas de Galicia.

Establecer un procedemento de actuación para determinar os beneficios que os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia outorgan ás familias numerosas.

26.1.2015

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o desenvolvemento de actuacións no marco da inclusión social, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (eixo 2, código 71 do p.o. do Fondo Social Europeo 2007/2013).

Regular o marco de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o mantemento dunha rede coordinada de equipos de inclusión sociolaboral e accións complementarias de formación, sensibilización social, e de acompañamento para a inserción de persoas e colectivos vulnerables no eido da inclusión social.

4.2.2015

1.647.826,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Fundación «Universidade da Coruña» para o desenvolvemento do programa: «Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo».

Organización e realización do programa «Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo» desenvolvido pola «Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF) da Universidade da Coruña».

O programa inclúe o deseño e aplicación do tratamento terapéutico dos menores derivados polos equipos técnicos de menores da Consellería de Traballo e Benestar, o seguimento e avaliación científica dos resultados e o asesoramento aos profesionais e coidadores dos menores que estean recibindo o tratamento.

9.3.2015

137.779,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol para a acreditación da formación impartida por Cáritas no marco do seu convenio coa Fundación Endesa.

Articular unha colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, que recolla as características e condicións que debe reunir a formación impartida a través do itinerario formativo asociado ao certificado de profesionalidade de operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios, establecido no Real decreto 683/2011, do 13 de maio, co obxecto da súa acreditación oficial a través da expedición do correspondente certificado de profesionalidade.

1.4.2015

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a Fundación ONCE e a Asociación para o Emprego e Formación de Persoas con Discapacidade, para a acreditación da formación impartida no marco do Programa por talento cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Articular unha colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Fundación ONCE e FSC Inserta, que recolla as características e condicións que debe reunir a formación impartida no marco do Programa Por Talento a través dos itinerarios formativos asociados aos certificados de profesionalidade de: Xestión de chamadas de teleasistencia, operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, e limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.

1.4.2015

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), para contribuír ao financiamento dun servizo social comunitario específico de atención temperá a nenos/as con discapacidade e as súas familias.

Financiamento dun servizo social comunitario específico de atención temperá a nenos/as con discapacidade e as súas familias.

8.4.2015

275.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Deputación Provincial de Ourense relativo á utilización de determinadas instalacións e servizos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas.

Establecer a forma e condicións de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Deputación Provincial de Ourense para a promoción da práctica de actividades deportivas entre a xuventude, sendo a previsión acoller a cinco (5) deportistas.

9.4.2015

Sen contido económico

Convenio de colaboración coa Fundación Galicia Europa para o desenvolvemento das actividades de información e documentación europea para a xuventude galega.

Desenvolvemento das actividades de información e documentación europea para a xuventude galega.

13.4.2015

42.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora para o financiamento das actuacións de tutela dirixidas ás persoas con discapacidade intelectual.

Financiamento das actuacións de tutela dirixidas ás persoas con discapacidade intelectual.

14.4.2015

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga), para o financiamento do proxecto «Estimula-Dom».

Mantemento dun equipo multidisciplinar de estimulación cognitiva no fogar para aquelas persoas con alzheimer que non se poden desprazar ao Centro de Atención Integral.

14.4.2015

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización do estudo «Os programas de educación non formal e a empregabilidade da xuventude en Galicia».

Establecer as bases reguladoras da colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización do estudo «Os programas de educación non formal e a empregabilidade da xuventude en Galicia» centrado nos programas da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado «Iniciativa Xove», «Voluntariado Xuvenil» e «Galeuropa».

17.4.2015

30.752,15 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Territorial de Asociacións Provinciais de Pensionistas e Xubilados de Galicia (Fetega) para o financiamento de actividades.

Financiamento de actividades dirixidas aos maiores: programas de formación, benestar e envellecemento activo así como cultural, social e de xestión e proxección pública da federación.

20.4.2015

28.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Profesor Novoa Santos, para o financiamento do programa de integración social de lesionados medulares residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Programa de integración social de lesionados medulares residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

21.4.2015

21.500,00 €

Acordo da prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas do master en Dependencia e Xestión de Servizos Sociais.

O convenio ten por obxecto establecer a colaboración entre os comparecentes cara a unha adecuada planificación, desenvolvemento e avaliación do programa indicado e á formación práctica dos alumnos do Posgrao, así coma as actividades complementarias deste, e que ten unha vixencia dun ano desde a súa sinatura.

24.4.2015

Sen contido económico

Anexo ao Convenio de colaboración entre o Instituto de la Juventud del Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad e Microbank, subscrito o 12 de xaneiro de 2015 para realizar actuacións de promoción e apoio á mocidade emprendedora e empresaria enmarcadas no desenvolvemento do Programa de Microcréditos Injuve durante o ano 2015.

Facilitar microcréditos a mozos e mozas emprendedores menores de 30 anos.

27.4.2015

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar e o Concello da Peroxa para os investimentos de adecuación da aula da terceira idade do edificio multiúsos.

Execución dos investimentos destinados á adecuación, acondicionamento e equipamento da «aula da terceira idade» do centro multiusos do Concello da Peroxa.

29.4.2015

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Gallega de Bancos de Alimentos para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas.

A Federación Gallega de Bancos de Alimentos realizará unha serie de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas legalmente constituídas con esa finalidade.

30.4.2015

60.000,00 €