Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 1 de xuño de 2015 Páx. 21474

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO sobre estabulación de gando vacún de leite na Ourada (Cores).

María Jesús Blanco Cancela, na representación de Finca Galeón, S.C., solicitou neste concello unha licenza municipal para a estabulación de gando vacún de leite no lugar da Ourada, 9, Cores.

Este expediente exporase ao público durante vinte días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia (BOP) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), segundo estipula o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Todas as persoas que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas, na Secretaría deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ponteceso, 23 de abril de 2015

José Luis Fondo Aguiar
Alcalde