Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 1 de xuño de 2015 Páx. 21388

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo

EDICTO (674/2014).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Susana Álvarez García, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 8 dos de Vigo, vistos os autos sinalados co nº 674/2014, seguidos polos trámites de xuízo ordinario, por instancia de Prudencio Sotelino Bernárdez, representado pola procuradora Betania Acosta Valladares e asistido da letrada Virginia Sotelino Crespo, contra Enrique Fernández Soto, en rebeldía, dita a seguinte resolución:

Resolución

Que estimando a demanda formulada en autos de xuízo ordinario nº 674/2014 pola procuradora Betania Acosta Valladares, en nome e representación de Prudencio Sotelino Bernárdez, contra Enrique Fernández Soto, sobre reclamación de cantidade, debo condenar e condeno o demandado a aboar ao demandante a cantidade de dous mil cento catro euros con trinta e oito céntimos (2.104,38 €), incrementada co xuro legal do diñeiro desde a data de interposición da demanda, e con condena en custas do demandado.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de 20 días a partir da súa notificación (artigo 458.1 LAC), logo de depósito da suma de 50 € na conta de depósitos e consignacións do xulgado.

Únase esta resolución ao libro da súa clase e déixese testemuño nos autos.

Así, por esta miña sentenza, xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, en Vigo, o 2 de febreiro de 2015».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Enrique Fernández Soto, expídese esta cédula para que lle sirva de notificación.

Vigo, 4 de marzo de 2015

O/A secretario/a xudicial