Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 1 de xuño de 2015 Páx. 21458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2015 pola que se anuncia a contratación, por tramitación ordinaria e suxeita a regulación harmonizada, dunha subministración mediante a modalidade de arrendamento financeiro de 77 vehículos para a Rede de alerta de sanidade animal (expediente 24/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración mediante a modalidade de arrendamento financeiro (renting) de 77 vehículos para a Rede de alerta de sanidade animal.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: 48 meses desde a sinatura da acta de entrega dos vehículos.

e) Admisión de prórroga: si. Poderá prorrogarse por períodos anuais, por un máximo de vinte e catro meses.

f) CPV: 34100000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 1.240.066,08 €; IVE (21 %): 260.413,88 €, importe total: 1.500.479,96 €.

Valor estimado: 1.860.099,12 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas alíneas I e J da folla de especificacións.

7. Garantía exixida. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44 e 981 54 40 46 (consultas administrativas); 981 54 57 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22362

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 16 de xuño de 2015.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público,as 12.00 horas do 25 de xuño de 2015.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8 de maio de 2015.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar