Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 1 de xuño de 2015 Páx. 21361

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 11 de maio de 2015 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo, anunciado pola Orde do 6 de abril de 2015.

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo pola Orde do 6 de abril de 2015 (DOG núm. 73, do 20 de abril), de conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo.

Segundo. O cesamento no destino actual da persoa que obtiver praza producirase na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería convocante publicada no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia, segundo o Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se modifica o artigo 14.4 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo do prazo da toma de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidos á persoa interesada.

Nos supostos de baixa por incapacidade temporal, iniciarase a partir da correspondente alta.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa, así como a daquel en que obteña praza, realizará, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se lle dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2015

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: José Ramón Telle Rodríguez.

NRP: 3495743524 A2051.

Subgrupo: A2.

Corpo/escala: xeral.

Denominación do posto: xefatura do Servizo do Patrimonio.

Nivel: 28.

Código do posto: MA.O11.00.001.15770.020.

Complemento específico: 13.698,72.

Localidade: Santiago de Compostela.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Adscrición administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Formación específica: 501 (licenciatura en dereito-mérito).