Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21070

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2015 pola que se corrixe un erro advertido na Resolución do 30 de abril de 2015 pola que se integra a Joaquín Fernando Gómez Varela, funcionario da escala de profesores do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia, no corpo de profesores titulares de universidade.

Advertido un erro no texto remitido da dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 94, do 21 de maio de 2015, efectúase a seguinte rectificación:

Onde di: «Con efectos económicos e administrativos do 1 de abril de 2015», debe dicir: «Con efectos económicos e administrativos do 30 de abril de 2015».

A Coruña, 25 de maio de 2015

Xosé Luis Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña