Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21089

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (94/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 94/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luz María Torres Prieto contra a empresa Hotel Las Golondrinas, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Dispoño:

Despachar orde xeral de execución de sentenza a favor da parte executante, Luz María Torres Prieto, fronte a Hotel Las Golondrinas, S.L., parte executada, por importe de 1.218,04 euros en concepto de principal, máis outros 121,80 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– O embargo de contas abertas a nome da entidade executada nas diferentes entidades bancarias.

Practíquese o embargo acordado a través do punto neutro xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hotel Las Golondrinas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 8 de maio de 2015

A secretaria xudicial