Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21034

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2015/16 nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais na provincia de Ourense.

O 23 de febreiro de 2015 publicouse a Resolución do 11 de febreiro de 2015 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2015/16.

O Decreto 40/2014, do 20 de marzo, polo que se crea a Axencia Galega de Servizos Sociais e se aproban os seus estatutos, establece na súa disposición adicional primeira que esta asumirá desde a súa posta en funcionamento as competencias atribuídas en materia de xestión de escolas infantís á Dirección Xeral de Familia e Inclusión. A nova entidade subrogarase en todas as relacións xurídicas, bens, dereitos e obrigas derivados do exercicio das súas competencias.

Na súa disposición transitoria primeira, o dito decreto establece, non obstante, que a persoa titular da Dirección Xeral de Familia e Inclusión desenvolverá transitoriamente e pola súa propia condición as funcións que corresponden ao/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais ata o nomeamento deste/a a través do procedemento recollido nestes estatutos.

Así mesmo, na mesma disposición establécese que a través das xefaturas territoriais poderán seguirse realizando os labores de apoio para a xestión dos centros da Axencia Galega de Servizos Sociais no seu ámbito territorial, ata que esta dispoña de servizos propios para alcanzar a súa autonomía.

A Resolución do 18 de decembro de 2014 establece que a data da posta en funcionamento da Axencia Galega de Servizos Sociais será o 1 de xaneiro de 2015.

Unha vez estudadas pola comisión de baremación todas as reclamacións presentadas e resoltas pola persoa titular da Xefatura Territorial, procédese á publicación da relación definitiva de admitidas e admitidos e da lista de espera coa puntuación obtida en cada caso.

Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva, que se poderá consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nas páxinas web http://benestar.xunta.es e http://www.escolasinfantisdegalicia.es e nos propios centros.

As/os solicitantes admitidas/os disporán do prazo establecido no artigo 14 da Resolución do 11 de febreiro para matricularse, para o cal presentarán no centro onde obtivesen praza o impreso de matrícula debidamente cuberto acompañado do certificado médico da/o nena/o. O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como nas páxinas web http://benestar.xunta.es e http://www.escolasinfantisdegalicia.es .

De non formalizar a matrícula no prazo sinalado, considerarase decaída/o na súa solicitude.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 22 de maio de 2015

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense