Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de San Sadurniño (expediente IN407A 2015/77-1).

Número de expediente: IN407A 2015/77-1.

Solicitante: Distruidora Eléctrica Niebla, S.L.

Denominación: CT Igrexafeita e RBT Ribeira.

Concello: San Sadurniño.

Características técnicas:

Novo centro de transformación de 200 kVA e seccionamento que se situará no núcleo de Igrexafeita, alimentado mediante unha liña de media tensión aérea existente 6/20 kV e un paso aereosubterráneo de nova execución no apoio nº 7 da LMT existente derivación Igrexafeta (existente). No CT Igrexafeita situarase unha cela de protección para entrada de liña, unha saída de liña de reserva e outra para protección do trafo.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 30 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña