Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015024AL-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 19 de marzo de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2015024AL-OU a Transportes Urgentes Raca-2, S.L.: (CIF B-84670132), con enderezo na rúa Vicente Gaos, 3, portal 2-3-1 de Coslada (Madrid).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Transportes Urgentes Raca-2, S.L. o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 28 de abril de 2015

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2015024AL-OU.

Interesada: Transportes Urgentes Raca-2, S.L.

DNI/NIF/CIF: B84670132.

Último enderezo coñecido: rúa Vicente Gaos, 3, portal 2-3-1 de Coslada (Madrid).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/2004, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trescentos euros (300,00 €).