Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 93, do, 20 de maio de 2015, cómpre corrixir o seguinte:
1. Base cuarta, parágrafo segundo, na páxina 19739:
Onde di:
«2. Estas subvencións terán carácter trianual ou bianual e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro do ano 2015 correspondente á convocatoria e a data máxima de xustificación establecida na presente convocatoria para cada modalidade».
Debe dicir:
«2. Estas subvencións terán carácter trianual ou bianual e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude e a data máxima de xustificación establecida na presente convocatoria para cada modalidade».