Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20913

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se suprimen tres postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional no Concello de Santiago de Compostela.

Por Resolución do 15 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, publicada no Diario Oficial de Galicia do 23 de febreiro de 2012, créanse e clasifícanse tres postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional no Concello de Santiago de Compostela: secretaría de apoio, intervención de apoio e tesouraría de apoio.

Por sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 5 de xuño de 2014 estimouse parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto pola Confederación Intersindical Galega contra o acordo adoptado polo Concello de Santiago de Compostela en sesión plenaria do 2 de febreiro de 2012, de aprobación definitiva da modificación do cadro de persoal correspondente ao exercicio do ano 2011. A sentenza indica que «anulamos parcialmente o dito acordo no que concerne á creación de tres prazas de funcionarios de habilitación de carácter estatal, de 1 secretario/a de apoio, 1 interventor/a de apoio, e 1 tesoureiro/a de apoio, pertencentes ao subgrupo A1, sen custas».

Para a execución da sentenza, a sala ditou un auto con data do 29 de xaneiro de 2015.

O Concello, en sesión plenaria extraordinaria e urxente que tivo lugar o 19 de marzo de 2015, adoptou acordo relativo a dar cumprimento á execución da sentenza e auto.

De conformidade cos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 15.1º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e a Orde do 14 de maio de 2013, sobre delegación de competencias, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro e único. Suprimir os postos do Concello de Santiago de Compostela de secretaría de apoio, intervención de apoio e tesouraría de apoio, reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional en execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 5 de xuño de 2014.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015.

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local