Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20916

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes dos procesos selectivos convocados polas ordes do 18 de maio de 2015.

En virtude das ordes do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio), convocáronse os seguintes procesos selectivos correspondentes ás ofertas de emprego público aprobadas para os anos 2012 e 2013 respectivamente:

– Proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

– Proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Debido a unha actualización técnica na plataforma de Xeración de solicitudes de procesos selectivos, esta non estará operativa desde o venres 29 de maio ás 15.30 horas ata o luns 1 de xuño ás 7.30 horas. Por conseguinte, e co obxecto de evitar prexuízos aos/ás interesados/as en participar nestes procesos, de acordo co artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Ampliar en tres (3) días naturais o prazo de vinte (20) días naturais para presentar solicitudes de participación nos procesos selectivos convocados polas ordes do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio) que se sinalan na base I.3.

Segundo. Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda