Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada de subministración de vehículos en réxime de alugamento para a dirección e explotación de obras hidráulicas (clave OH.988.360).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.988.360.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia, a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración de vehículos en réxime de alugamento para a dirección e explotación de obras hidráulicas de Augas de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 34100000-8.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S250, do 30 de decembro de 2014; Diario Oficial de Galicia núm. 2, do 5 de xaneiro de 2015, e Boletín Oficial del Estado núm. 8, do 9 de xaneiro de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun criterio de valoración (prezo) e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 432.000 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 288.000 euros. Importe total: 348.480 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 6 de abril de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 27 de abril de 2015.

c) Contratista: Empresa Monforte, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 209.520 euros. Importe total: 230.235,17 euros. Forma de aboamento: en especie, coa entrega de vehículos usados, con valor neto de taxación de 19.243 euros, e en metálico, cun importe de 190.277 euros máis 39.958,17 euros de IVE.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por ser a de prezo máis baixo con base na aplicación do único criterio de valoración (prezo).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia