Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración, instalación e posta en marcha de equipos de instrumentación analítica con destino ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo do 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 51 74.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: contratacion.cmati@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 22712

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 18/2015 CA.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en marcha de equipos de instrumentación analítica con destino ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

c) División por lotes e número: si.

– Lote 1: sistema de extracción acelerada mediante disolventes.

– Lote 2: sistema automático de extracción en fase sólida.

– Lote 3: sistema para dixestión de mostras e análises de nitróxeno por método KJELDAHL.

d) Lugar de execución/entrega: Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: dous (2) meses de acordo co establecido na letra F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 31682210-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 6.5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 171.703,55 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 171.703,55 €. Importe total: 207.761,30 €.

Lote 1: importe neto: 78.146,60 €. Importe total: 94.557,39 €.

Lote 2: importe neto: 57.156,95 €. Importe total: 69.159,91 €.

Lote 3: importe neto: 36.400,00 €. Importe total: 44.044,00 €.

Esta contratación finánciase a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Eixe 3, tema prioritario 48.

6. Garantías exixidas.

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE):

Lote 1: 3.907,33 €.

Lote 2: 2.857,85 €.

Lote 3: 1.820,00 €.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 6.6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e nos puntos J e K do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada no punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B.

10. Subcontratación: de acordo co establecido no punto 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas