Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2015/003 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora dos procedementos sancionadores.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 4 de maio de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2015/003.

Interesada: Marian Cretu.

Acto notificado: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2015/005.

Interesados: Elomari Abdelkarim e Dimitru Dan.

Acto notificado: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2015/033.

Interesado: Nicusor Mustafa.

Acto notificado: acordo de inicio do procedemento sancionador.