De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos foron adoptados polo xefe territorial.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, 2; Edificio Administrativo Monelos, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 4 de maio de 2015
José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-RES-2014-0113.
Interesado: Antonio Marcos Piñeiro.
Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva.
Expediente: CO-RES-2014-0189.
Interesado: Sorin Roua.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador.
Expediente: CO-RES-2014-0220.
Interesada: Muebles Terrón.
Actos notificado: resolución de expediente sancionador.