Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar a resolución de arquivamento por desistencia da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal aos interesados (expediente OU-2014/00021).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación aos interesados que se indican a continuación sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de arquivamento por desistencia da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 27 de abril de 2015

P.A.
Marisol Díaz Mouteira
Secretaria territorial da Delegación Provincial da Xunta de Galicia en Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesados

NIF

OU-2014/00021

Stefanía Bermúdez Perdomo

Nerio Jesús Cárdenas Hernández

44436748N

01853964