Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20585

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofertan e se convocan para o acto de elección de destino os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias.

A base novena da Resolución do 30 de abril de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 91, do 14 de maio) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias do Servizo Galego de Saúde dispón que, comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de aspirantes seleccionados/as, as prazas que se lles ofertan e o procedemento e prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

En virtude do exposto, comprobada a documentación dos/das aspirantes e finalizado o prazo de impugnación contra a Resolución do 6 de marzo de 2015 pola que se fan públicos os acordos do tribunal relativos á baremación definitiva da fase de concurso, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, como anexo I, a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso oposición para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias convocado por Resolución do 30 de abril de 2013, logo dos recursos de alzada interpostos contra a Resolución do 6 de marzo de 2015, pola que se fan públicos os acordos do tribunal relativos á baremación definitiva da fase de concurso.

Segundo. Aprobar a relación de prazas que se lles ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso, e que figura como anexo II desta resolución.

As prazas que se ofertan corresponden sempre a prazas básicas da correspondente categoría, de conformidade co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo.

Terceiro. Convocar os/as aspirantes seleccionados/as que se indican no anexo I desta resolución para que en único chamamento e acto elixan destino definitivo segundo a orde de puntuación obtida no concurso-oposición, con preferencia a favor dos/das aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna.

O acto de elección de destino terá lugar o día 2 de xuño de 2015, ás 16.30 horas no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O acto de elección desenvolverase consonte o seguinte procedemento:

a) As persoas aspirantes deberán comparecer provistas de documento nacional de identidade ou outro documento que acredite de modo fidedigno a súa personalidade.

b) A solicitude que formulen as persoas aspirantes será vinculante e irrenunciable.

c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

d) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, na data e de acordo co procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

e) Por razóns organizativas e de limitación da capacidade do recinto, poderase limitar a presenza de persoas que acompañen o/a aspirante no acto de elección.

Cuarto. Esta resolución poderá ser impugnada polos/as interesados/as nos termos previstos na base décimo primeira da convocatoria.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I
Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as

Médico/a de Urxencias Hospitalarias

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Innovación e Investigación

Total

1

*316R

Mirás Bello, Carlos David

P

42,927

14,000

20,500

0,000

77,427

2

*115N

Pérez Pacheco, Marina

P

42,657

14,000

17,000

0,300

73,957

3

*541C

Varela Portas Mariño, Jacobo Antonio

P

43,334

14,000

9,350

1,100

67,784

4

*880P

Pichel Loureiro, Ángel

L

46,250

14,000

21,600

1,300

83,150

5

*187F

González Maroño, César

L

44,750

11,882

22,000

2,500

81,132

6

*030Z

Touceda Bravo, Alberto

L

45,750

13,295

21,300

0,100

80,445

7

*664D

Lorenzo Carrero, Jorge

L

42,500

14,000

22,000

1,300

79,800

8

*142P

Ferreiro Gómez, Manuel

L

43,125

12,965

22,000

0,600

78,690

9

*887T

Lombardía Cortiña, Mónica

L

43,250

14,000

20,700

0,150

78,100

10

*996F

Rodríguez Trigo, Sandra

L

42,000

13,541

22,000

0,000

77,541

11

*264A

López López, Susana

L

40,875

14,000

22,000

0,050

76,925

12

*550H

Alonso Paz, Jorge

L

38,750

14,000

21,600

0,050

74,400

* O nº de DNI do/da aspirante seleccionado/a amósase cifrado en protección dos datos de carácter persoal.

Anexo II
Destinos que se ofertan

Médico/a de Urxencias Hospitalarias

Código praza

Centro directivo

Centro/s

Localidade

Nº prazas

159800550

EOXI A Coruña

Hospital Virxe da Xunqueira

Cee

1

159900550

EOXI Santiago de Compostela

Hospital da Barbanza

Ribeira

1

270600550

EOXI Lugo-Cervo-Monforte

Hospital da Costa

Burela

1

320100550

EOXI Ourense-Verín-O Barco

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

6

320400550

EOXI Ourense-Verín-OBarco

Hospital Comarcal Valdeorras

O Barco de Valdeorras

2

360300550

EOXI Pontevedra-O Salnés

Complexo Hospitalario de Pontevedra

Pontevedra

1