Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria non suxeito a regulación harmonizada, do servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas para o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e pola Administración do Estado, dentro do programa operativo Adaptabilidade e emprego 2007ESO5UPO0001, período de programación 2007-2013 (expediente 14/2015).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica, Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es.

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es.

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 14/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas para o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/10.

Lotes:

Lote 1: formación Linux LPI.

1. Accións formativas que comprende:

– Administración de sistemas operativos Linux LPI1 (edición de mañá prioritaria para desempregados).

– Administración de sistemas operativos Linux LPI1 (edición de tarde).

– Administración avanzada de sistemas operativos Linux LPI2 (edición de mañá prioritaria para desempregados).

– Administración avanzada de sistemas operativos Linux LPI2 (edición de tarde).

Lote 2: formación CISCO.

2. Accións formativas que comprende:

– Administración avanzada de redes CISCO, CCNA routing & switching (edición de mañá).

– Administración avanzada de redes CISCO, CCNA routing & switching (edición de mañá).

– CCNP switch. Implementing IP switching (edición de mañá).

Lote 3: formación en xestión e dirección de proxectos e/ou servizos IT.

3. Accións formativas que comprende:

– Fundamentos de ITIL (edición de mañá).

– Fundamentos de ITIL (edición de tarde prioritaria para ocupados/as).

– Xestión de proxectos baseados en PMBoK con RedMine.

– Prince2 Foundation (edición de tarde).

– Dirección de proxectos informáticos, certificación PMP (edición de mañá).

– Dirección de proxectos informáticos, certificación PMP (edición de tarde, prioritaria para ocupados/as).

Business Analysis. Fundamentos e capacidades esenciais da análise de negocio.

Lote 4: formación VMware.

4. Accións formativas que comprende:

– Instalación e configuración de VMware vSphere v6 (edición de mañá).

– Instalación e configuración de VMware vSphere v6 (edición de tarde, prioritaria para ocupados).

Lote 5: formación para desenvolvedores/as: solucións de mobilidade e/ou baseadas en JavaScript.

5. Accións formativas que comprende:

– Desenvolvemento de aplicacións HTML5 para móbiles (edición de mañá, prioritaria para desempregados/as).

– Desenvolvemento de aplicacións HTML5 para móbiles (edición de tarde).

– Desenvolvemento de aplicacións con Node.js (edición de tarde).

– Desenvolvemento de aplicacións con Java e Android (edición de mañá, prioritaria para desempregados/as).

– Desenvolvemento de aplicacións con Java e Android (edición de tarde).

– Desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles iOS (edición de mañá, prioritaria para desempregados/as).

– Desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles iOS (edición de tarde).

– Desenvolvemento de aplicacións web con Angular.js (edición de mañá, prioritaria para desempregados/as).

– Desenvolvemento de aplicacións web con Angular.js (edición de tarde, prioritaria para ocupados/as).

– Desenvolvemento de aplicacións móbiles con PhoneGap (edición de tarde).

Lote 6: formación Microsoft.

6. Accións formativas que comprende:

– Desenvolvemento de aplicacións con Microsoft Azure (edición de tarde).

– Administración de bases de datos SQL Server 2012 (edición de tarde).

– Xestión de proxectos con MS Project 2013 (edición de mañá prioritaria para desempregados/as).

– Xestión de proxectos con MS Project 2013 (edición de tarde prioritaria para ocupados/as).

Lote 7: formación Oracle.

7. Accións formativas que comprende:

– Administración de bases de datos Oracle 12c (edición de mañá prioritaria para desempregados/as).

– Administración de bases de datos Oracle 12c (edición de tarde prioritaria para ocupados/as).

– Programación en Java, análise orientada a obxectos con UML (edición de mañá prioritaria para desempregados/as).

– Programación en Java, análise orientada a obxectos con UML (edición de tarde).

– Desenvolvemento de compoñentes web con tecnoloxía Java, J2EE, Servlets & JSP (edición de tarde).

– JavaScript e HTML5: desenvolvemento de aplicacións web (edición de mañá prioritaria para desempregados/as).

– JavaScript e HTML5: desenvolvemento de aplicacións web (edición de tarde prioritaria para ocupados/as).

Lote 8: formación en xestión e desenvolvemento áxil: Scrum Manager e Scrum Alliance.

8. Accións formativas que comprende:

– Scrum Manager. Kanban e Lean para a xestión áxil de proxectos TIC (edición de tarde).

– Xestión de proxectos con Scrum Manager (edición de mañá).

– Xestión de proxectos con Scrum Manager (edición de tarde, prioritaria para ocupados/as).

– Curso de Certified Scrum Developer CSD de Scrum Alliance (edición de tarde).

Lote 9: formación EMC.

9. Accións formativas que comprende:

– Infraestrutura e servizos Cloud (edición de mañá).

– Planificación e deseño dun Data Center virtual e da infraestrutura Cloud (edición de tarde).

Lote 10: formación Cloudera.

10. Accións formativas que comprende:

– Desenvolvedor/a Big Data Cloudera para Apache Hadoop (edición de mañá).

– Desenvolvedor/a Cloudera para Apache Spark (edición de tarde).

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: establécese para cada lote, contado desde a sinatura dos contratos respectivos. Con carácter xeral, o prazo de execución será desde a sinatura do contrato ata o 30 de xuño de 2016. Para o caso concreto dos lotes 4 (formación VMware) e 9 (formación EMC), a data de remate será o 31 de decembro de 2015.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 80500000-9 Servizos de formación.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

4. Valor estimado do contrato: seiscentos corenta e tres mil oitocentos sesenta euros (643.860,00 €).

5. Orzamento:

a) Orzamento base de licitación: seiscentos corenta e tres mil oitocentos sesenta euros (643.860,00 €). Este importe está exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

b) Orzamento distribuído por anualidades segundo os lotes:

Lote 1: formación Linux LPI.

– 2015: 31.920,00 €.

– 2016: 31.920,00 €.

Total: 63.840,00 €.

Lote 2: formación CISCO.

– 2015: 25.200,00 €.

– 2016: 42.000,00 €.

Total: 67.200,00 €.

Lote 3: formación en xestión e dirección de proxectos e/ou servizos IT.

– 2015: 21.500,00 €.

– 2016: 56.500,00 €.

Total: 78.000,00 €.

Lote 4: formación VMware.

– 2015: 30.000,00 €.

Total: 30.000,00 €.

Lote 5: formación para desenvolvedores/as: solucións de mobilidade e/ou baseadas en JavaScript.

– 2015: 34.400,00 €.

– 2016: 85.800,00 €.

Total: 120.200,00 €.

Lote 6: formación Microsoft.

– 2015: 10.800,00 €.

– 2016: 30.200,00 €.

Total: 41.000,00 €.

Lote 7: formación Oracle.

– 2015: 93.840,00 €.

– 2016: 36.720,00 €.

Total: 130.560,00 €.

Lote 8: formación en desenvolvemento e xestión áxil: Scrum Manager e Scrum Alliance.

– 2015: 7.500,00 €.

– 2016: 30.500,00 €.

Total: 38.000,00 €.

Lote 9: formación EMC.

– 2015: 37.260,00 €.

Total: 37.260,00 €.

Lote 10: formación Cloudera.

– 2015: 21.000,00 €.

– 2016: 16.800,00 €.

Total: 37.800,00 €.

As actividades obxecto desta contratación están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e pola Administración do Estado, dentro do programa operativo Adaptabilidade e emprego 2007ESOUPO001 período de programación 2007-2013.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación dos lotes para os que presentase a proposición económica máis vantaxosa.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financiera e solvencia técnica e profesional: véxase cláusulas 8.1.1.e) e f) do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, hora e lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22584.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar