Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se acorda a apertura do trámite de audiencia aos interesados na tramitación do proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 15 de decembro de 2011, pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes nesta consellería.

En virtude da tramitación do proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 15 de decembro de 2011, pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Traballo e Benestar, referida á modificación do ficheiro «Persoas físicas (Servizo Público de Emprego)», comunícase a apertura da audiencia e a disposición do texto, durante sete (7) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar: http://www.xunta.es/traballo-e-benestar. Transparencia. Disposicións de carácter xeral en tramitación de Traballo.

Os interesados poderán formular as eventuais observacións ao citado proxecto a través da dita páxina.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2015

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar