Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada no expediente de reclamación patrimonial RP/12/00277.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal sen resultado, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita en Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 30 de abril de 2015

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: RP/12/00277.

Interesada: Mapfre Familiar, S.A.

Acto de notificación: emprazamento do trámite de audiencia.