Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20371

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboadela

ANUNCIO de información pública sobre a apertura e o funcionamento dunha actividade de tratamento superficial de metais.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente que se tramita por instancia de Sistemas Delfín, S.L. para a concesión de licenza de apertura e funcionamento dunha actividade de tratamento superficial de metais, na estrada N-525, p.q. 223,500, As Quintas deste termo municipal.

Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que os que se consideren afectados pola actividade poidan examinalo e deducir, se é o caso, as alegacións ou observacións que consideren convenientes.

Taboadela, 14 de maio de 2015

Manuel Gallego Vila
Alcalde