Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20294

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (825/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario número 825/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Antonia Arce Pacheco contra Carreiras Coruña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo María Antonia Arce Pacheco contra a entidade Carreiras Coruña, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Carreiras Coruña, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.349,29 euros brutos, por salarios devindicados e horas extraordinarias entre novembro de 2013 e xaneiro de 2014, ambos os dous inclusive, incrementadas co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Carreiras Coruña, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de abril de 2015

A secretaria xudicial