Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20167

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no primeiro cuadrimestre de 2015.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

Dispoño:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2015 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2015

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Nome

Obxecto

Importe
(euros)

Data da

sinatura

Convenio co Centro Gallego de Montreal (Canadá)

Facilitar a emisión da tarxeta sanitaria para emigrantes

0,00 €

1.2.2015

Convenio co Club Hispano de Toronto (Canadá)

Facilitar a emisión da tarxeta sanitaria para emigrantes

0,00 €

31.1.2015

Convenio coa Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela

Prestación de asistencia sanitaria e farmacolóxica a persoas de orixe galega residentes en Venezuela

60.000,00 €

28.3.2015

Convenio coa Fundación España Salud de Venezuela

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Caracas (Venezuela)

50.000,00 €

28.3.2015

Convenio co Centro Gallego de Mar de Plata

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Arxentina

25.000,00 €

27.3.2015

Convenio coa Sociedade Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada de Río de Janeiro

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos

20.000,00 €

21.3.2015

Convenio coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba

Mantemento da oficina de información e asesoramento en Cuba e dos puntos de información provinciais

80.000,00 €

30.4.2015

Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración, a Axencia Turismo de Galicia e a Secretaría Xeral da Presidencia

Realización de actividades da área expositiva nas comunidades galegas no exterior

0,00 €

16.2.2015

Protocolo de colaboración entre o Clúster Turismo de Galicia, a Axencia Turismo de Galicia, a Secretaría Xeral da Emigración e a Associação de Empresários Galegos do Río de Janeiro

Apoio e divulgación mutua das riquezas e atractivos turísticos de Galicia e Río de Janeiro

0,00 €

20.3.2015