Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 7 de maio de 2015, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador OU-S-68/2014 por infracción en materia de turismo.

Por esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador OU-S-68/2014, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

O interesado poderá recoller a proposta de resolución, así como acceder ao correspondente expediente, mediante comparecencia nas dependencias desta área provincial; rúa Curros Enríquez, 1-3º andar, de Ourense.

De acordo co artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, contra esta proposta de resolución poderá, no prazo de quince (15) días contados desde a súa notificación, formular alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue conveniente, ante a instrutora do procedemento.

Expediente: OU-S-68/2014.

Titular sancionado: Yago Cibeira González

Establecemento: Pirámide.

Domicilio: Eira das Flores, 6.

Localidade: O Carballiño.

Proposta de resolución: 16 de abril de 2015.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: apercibimento.

Ourense, 7 de maio de 2015

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo